int21h
A ver se alguén con experiencia en FreeCAD me pode botar unha man:

Teño unha matriz polar de buratos, configurable a través dunha folla de cálculo para escoller as dimensións e o número de buratos.
Quero colocar un parafuso en cada burato, e para iso necesito facer outra matriz polar de parafusos, pero non atopo o xeito de facelo. Os parafusos creados co Fasteners Workbench parece que non son válidos para crear matrices con eles.

Ocórreselle a alguén o xeito de facelo?

#FreeCAD #PolarArray